Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Bergondo organiza unha MasterClass de defensa persoal con motivo do 25N


· Levarase a cabo o sábado, 2 de decembro, no pavillón de Guísamo, en horario de 16:30 a 18:30 horas

· As inscricións están abertas ata o 30 de novembro no teléfono 981 791 252 ext.4 ou no correo serezabel.rodriguezergondo.gal

Con motivo do 25N, o Concello de Bergondo organiza unha MasterClass de defensa persoal, a cargo do Kaizen Defensa Persoal. A actividade desenvolverase na tarde do sábado, 2 de decembro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de Guísamo.

As inscricións estarán abertas ata o xoves, 30 de novembro. Poden realizarse telefonicamente, no 981 791 252 ext.4, ou por correo, en serezabel.rodriguezergondo.gal.

Nesta MasterClass os participantes aprenderán diferentes técnicas de defensa persoal baixo as instrucións de profesionais, garantindo a máxima seguridade. Desta maneira, o Concello de Bergondo ofrece unha ferramenta máis para previr calquera agresión machista e axudar, na medida do posible, a eliminar a violencia contra as mulleres.